Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo á subministración sucesiva e por prezos unitarios de mobiliario de oficina con destino aos órganos xudiciais de Galicia, mediante acordo marco celebrado cun único empresario e polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SEXU 01-sAMP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21571

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de mobiliario de oficina con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades:

– Lotes: non leva lotes.

– Número de unidades: as indicadas no anexo B do prego de prescricións técnicas.

d) CPV: 39130000-2. Mobles de oficina.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: nº 228, do 27 de novembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 165.294,79 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 165.294,79 €.

Importe total: 200.006, 97 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 3 de febreiro de 2015.

c) Contratista: KL-1 Mobiliario de Oficina, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 165.294,79 €.

Importe total: 200.006, 97 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza