Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015 pola que se notifica resolución de arquivamento de expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P12-46C das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo.

Con data do 21 de xaneiro de 2015, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.b) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu decretar o arquivamento do expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Fernando Lasheras Jiménez.

Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente sito na rúa do Calvario, 15, 4º H, Foz, provincia de Lugo, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Foz a presente resolución de arquivamento de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia