Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 2015 Páx. 7325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, do contrato suxeito a regulación harmonizada do servizo de centro de xestión informática e oficina técnica de proxectos.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico-Financeiro.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2) Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4) Teléfono: 981 95 70 25.

5) Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

6) Enderezo da internet do perfil de contratante: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas particulares (PCAP e PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21929

7) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos do centro de xestión informática e a oficina técnica de proxectos, nos termos definidos nas cláusulas 1.2 e 2 do PPT.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non hai.

d) Lugar de execución/entrega: os servizos serán prestados nas dependencias da EPPG, axustándose ao establecido na cláusula 3.2 do PPT.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos con posibilidade de prórroga por dous anos máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración das ofertas serán os establecidos no número 14 do CCC.

4. Valor estimado do contrato: 630.000,00 euros, IVE excluído (equivalente ao orzamento de licitación e a súa eventual prórroga de contrato por un ano, incrementado nun 10 %, para modificacións previstas no punto 22 do CCC).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 300.000,00 euros.

b) Importe do IVE (21 %): 63.000,00 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo V (servizos xerais); subgrupo 5: servizos de explotación e control de sistemas de informáticos e infraestruturas telemáticas; categoría b).

b) Solvencia económica ou financeira: non resulta necesaria a súa acreditación ao resultar exixible a clasificación.

c) Solvencia técnica e profesional: non resulta necesaria a súa acreditación ao resultar exixible a clasificación.

c) Outros requisitos de capacidade: os exixidos no número 9.3 do CCC.

d) Requisitos específicos que se exixirán ao adxudicatario do servizo: os exixidos no número 9.3 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás catorce (14.00) horas do día 6 de abril de 2015.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da entidade pública Portos de Galicia.

2) Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6.1 do PCAP. (Teléfono 902 40 08 70. Fax: 981 54 53 24).

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.7 do PCAP e nos números 9 e 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica no número 7 da 4 do PCAP.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: neste procedemento, os licitadores poderán ofertar melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPT. Estas melloras poderán referirse aos aspectos recollidos no número 5.2 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas da EPPG. Praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central, polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

c) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte, e darase publicidade no perfil de contratante á data e a hora exacta de celebración do devandito acto.

Se por algún motivo hai que modificar a data de celebración dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que se deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de febrero de 2015.

12. Outras informacións. A mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.1. do PCAP examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, co fin de que, se for o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 16 de febrero de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia