Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6833

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos/das funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo).

En sesión que tivo lugar o día 10 de febreiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño) encargado de cualificar o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Que de conformidade co establecido na base II.1.1.2 da orde da convocatoria, superou o segundo exercicio, obtendo a cualificación de apto, o aspirante Jaime Manuel López Rodríguez, con DNI 34268271L.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar a cualificación obtida polo aspirante que se presentou ao segundo exercicio do proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos/as funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Segundo o disposto na base II.1.2.7 da orde da convocatoria, o aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas en relación coa cualificación, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.12 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal