Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6832

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de febreiro de 2015, polo que se declara municipio turístico galego o concello de Palas de Rei, na provincia da Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de febreiro de 2015, que a seguir se transcribe:

Declarar municipio turístico galego, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, o seguinte:

Concello de Palas de Rei, na provincia de Lugo.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia