Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6681

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2015 pola que se crea un ficheiro de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

Por razón e co fin de que se cumpra o mandato legal do artigo 20 da LOPD sobre a creación e a modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade, de asegurarlles aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos e, por canto sucede, unha vez transcorrido o prazo de alegacións e logo de cumprir os trámites establecidos na Lei 8/2001, do 13 de xullo, e no Decreto 99/2002, do 1 de xullo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Créase o ficheiro de datos de carácter persoal sinalado no anexo.

Segundo. O ficheiro indicado no anexo rexerase polas disposicións xerais e instrucións que se detallan e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lle sexan aplicables.

Terceiro. Ademais das cesións previstas para ese ficheiro, estas pódense realizar sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de remitirlles datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da Comunidade Autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e os límites establecidos na lei.

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de febreiro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Ficheiro de nova creación

Ficheiro dos servizos de extensión universitaria.

a) Identificación do ficheiro:

1. Denominación do ficheiro: Servizo de Extensión Universitaria.

2. Finalidade: xestión dos datos dos usuarios dos servizos ofrecidos.

3. Usos previstos: xestión dos servizos levados a cabo polo Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo: actividades deportivas, programa de maiores, actividades culturais, Campus Camp, voluntariado, discapacidade, gabinete psicopedagóxico, SIOPE.

b) Orixe dos datos:

1. Colectivo de persoas sobre o cal se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulte obrigado a subministralos: empregados, estudantes e solicitantes.

2. Procedencia: o propio interesado ou o seu representante legal.

c) Estrutura do ficheiro:

1. Datos identificativos: documento de identidade, apelidos e nome, data e lugar de nacemento, nacionalidade, enderezo para efectos de notificación, teléfono e correo electrónico, imaxe, sinatura, pegada dixital.

2. Outros datos especialmente protexidos: saúde.

3. Sistema de tratamento: mixto.

d) Comunicacións de datos previstas: non se prevén.

e) Transferencias internacionais de datos previstas: non se prevén.

f) Órganos responsables do ficheiro: Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Campus Universitario, 36310 Vigo (Pontevedra).

g) Órgano ante o cal se poden exercer os dereitos ARCO: Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

h) Nivel de seguridade: alto.