Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6777

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual dos plans parciais do SUP-2 (Cornes) e do SUP-3 (Ponte Pedriña) (aparcadoiro disuasorio).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de decembro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

• Aprobar definitivamente a modificación puntual dos plans parciais do SUP-2 (Cornes) e do SUP-3 (Ponte Pedriña), aparcadoiro disuasorio.

O documento que se somete á aprobación definitiva coincide co aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local o día 22 de agosto de 2014, coas seguintes reformas:

– Incorporouse un plano de información de titularidades de Adif (I7).

– Nos planos I1 e I4 diferenciáronse as zonas afectadas pola modificación (3 e 4).

– Axustouse en todos os planos o ámbito do aparcadoiro disuasorio no límite sueste co obxecto de evitar a afección de terreos patrimoniais de Adif.

As reformas sinaladas introducíronse co único obxecto de ampliar ou clarificar a información do documento, pero non alteran o resultado da modificación inicialmente aprobada.

O acordo notificarase persoalmente a todos os interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, publicarase, xunto co texto íntegro da normativa urbanística aprobada, no Boletín Oficial da provincia.

O acto de aprobación definitiva da citada modificación puntual foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 9 de xaneiro de 2015, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

De acordo co sinalado no artigo 92.2 da citada lei, publicouse no Boletín Oficial da provincia número 13, do día 21 de xaneiro de 2015, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

Teresa Gutiérrez López
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible