Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6779

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria do Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo para o ano 2015.

Para os efectos oportunos faise público que no BOP nº 30, do 6 de febreiro de 2015, se publica un anuncio relativo á convocatoria do Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo para o ano 2015, consistente nun único premio, cunha dotación total de 3.000,00 €. O prazo de presentación de propostas e traballos finaliza o día 16 de marzo próximo e deben ser remitidos á Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, coa denominación «Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo 2015». Pode solicitarse información no teléfono
988 31 76 09 ou no centro cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.

Ourense, 6 de febreiro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense