Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (3/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 3/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eladio Rodríguez Rodríguez contra Paorga, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Eladio Rodríguez Rodríguez, fronte a Paorga, S.L., parte executada, por importe de 55.206,47 euros (dos cales 53.972,52 corresponden á cantidade obxecto de condena e 1.233,95 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 5.520,65 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas da execución.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Paorga, S.L. co fin de que no prazo de 10 días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial