Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2007/0323-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do
artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada a copia da sentenza e dos autos do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, recaídos no procedemento 81/2014, polo accidente laboral do traballador José Antonio Suárez Casal.

Os documentos que constan no expediente son:

– Acta de infracción.

– Xustificantes da notificación.

– Escritos de alegacións.

– Informes da Inspección de Traballo.

– Copia da sentenza e dos autos xudiciais.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción
Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e presentar as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Vigo, 15 de xaneiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: RL 2007/0323-4.

Acta núm.: 453/2007.

Empresa: Montajes Cemetal, S.A.L.

NIF/DNI: A-27 194 984.

Enderezo: Álvaro Cunqueiro, 22, entresollado, Foz, Lugo.