Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do
artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, recaída no procedemento número 316/2013, polo accidente laboral do traballador Francisco Andrés Ramos Tique.
Os documentos que constan no expediente son:
– Acta de infracción.
– Xustificantes da notificación.
– Escrito de alegacións (24.4.2007).
– Copia da sentenza xudicial.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción
Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e presentar as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.
Vigo, 15 de xaneiro de 2015
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: RL 2007/0332-4.
Acta núm.: 294/2007.
Empresa: Siva Obras y Servicios, S.L.
NIF/DNI: B-36 489 862.
Enderezo: Marquesa, 3, Pontevedra