Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida no expediente TR352A 2011/137-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 30 de agosto de 2011.

Faise saber que a interesada disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación Mazaricana de Empresarios e Profesionales Autónomos.

Enderezo: rúa do Emigrante, 2 bis, A Picota, 15256 Mazaricos, A Coruña.

Nº expediente: TR352A 2011/137-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 27 de novembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG nº 10, do 17 de xaneiro); artigo 33 da Lei 9/2007, artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 4.694,73 €.