Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Nornas, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Nornas, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria do 28 de outubro de 2014, no Rexistro Provincial de Cooperativas de Pontevedra. O seu novo domicilio social é na avenida de Balaídos, 60, 3º B, concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

Vigo, 19 de xaneiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo