Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2015 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dalgunhas estradas da rede autonómica de estradas de Galicia da zona do Salnés-Caldas.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á rede autonómica de estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e, así, mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído; no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense á información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona do Salnés-Caldas

Treito/s

Clave

Concello/s

AG-41

Curro (PO-531)-Sanxenxo (VG-4.1)

0+400 ao 19+180

PO/13/043.09.1

Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Barro

VG-4.1

Sanxenxo (AG-41)-A Lanzada (PO-550)

19+190 ao 20+940

PO/13/043.09.2

Sanxenxo

VG-4.2

Saída 7 (AG-41)-Cambados (PO-300)

0+000 ao 4+440

PO/13/043.09.3

Cambados, Ribadumia

VG-4.3

Cambados (PO-300)-Vilagarcía de Arousa (N-640)

0+000 ao 7+330

PO/13/043.09.4

Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados

PO-300

Mosteiro-Cambados (VG-4.3)

10+040 ao 11+710

PO/13/043.09.5

Cambados

PO-307

Deiro (PO-549)-A Illa de Arousa (PO-299)

0+000 ao 1+390

PO/13/043.09.6

Vilanova de Arousa

PO-308

Ponteveda (PO-531)-A Lanzada (PO-550)

0+840 ao 3+470

8+820 ao 17+350

PO/13/043.09.7

Sanxenxo-Poio

PO-316

A Lanzada (PO-550)-O Grove

0+000 ao 5+870

PO/13/043.09.8

O Grove

PO-504

Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550)

0+000 ao 0+810

PO/13/043.09.9

Sanxenxo

PO-529

VG-4.3-Rial (PO-549)

0+000 ao 1+670

PO/13/043.09.10

Vilagarcía de Arousa

PO-530

Tremoedo (Deput.)-Deiro (PO-549)

1+100 ao 2+540

PO/13/043.09.11

Vilanova de Arousa

PO-531

Pontevedra-Baión (N-640)

11+100 ao 18+800

PO/13/043.09.12

Vilanova de Arousa, Meis, Barro

PO-548

Pontecesures (N-550)-Vilagarcía de Arousa (glorieta porto)

7+820 ao 19+110

PO/13/043.09.13

Catoira, Vilagarcía de Arousa

PO-549

Vilargacía de Arousa (PO-301)-Cambados (VG-4.3)

2+880 ao 5+250

PO/13/043.09.14

Vilagarcía de Arousa,

Vilanova de Arousa

PO-550

Cambados (VG-4.3)-A Lanzada (PO-308)

0+000 ao 10+970

PO/13/043.09.15

Cambados, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo

PO-841

Santiago de Compostela (SC-11)-L.P.-

A Estrada

11+720 ao 21+810

PO/13/043.09.16

A Estrada

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período no cal poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou as suxestións que consideren oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas respectivas casas dos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referenciados.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente a actuación á cal van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, núm. de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas