Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 3 de febreiro de 2015 pola que se notifica o requirimento de acreditación de representación en relación coa tramitación do recurso de alzada interposto contra a resolución dos servizos de infraestruturas das delegacións, en materia de expropiación forzosa, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, tentadas as notificacións do dito trámite, non se puideron efectuar (expediente E/40/11).

As unidades dependentes da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia nas provincias que tamén se sinalan.

Unha vez intentada a notificación persoal do trámite de requirimento de acreditación da representación á persoa recorrente, non se puido efectuar, de maneira que segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse para ser notificados do dito trámite.

Poden examinar o expediente e oficio que incorpora o dito trámite mediante comparecencia que deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de dez días para cumprilo, continuarase coa tramitación do recurso como corresponda, ata que se dite a correspondente resolución. Porén, na notificación do dito trámite, advírtese tamén que, de non cumprirse o requirimento, darase por desistido do seu recurso.

Expediente: E/40/11. Provincia: A Coruña. Obra: autovía AC-39 alternativa á AC-341 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago. Recorrente e requirido: Francisco González Lojo (Vector Plus, S.L.). Concello de último domicilio coñecido: Boiro.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas