Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2015 pola que se publica a formalización do contrato do servizo de información turística nas accións de promoción realizadas por esta axencia, tramitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de novembro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de información turística nas accións de promoción realizadas pola Axencia Turismo de Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 120.000 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 25 de xaneiro de 2014.

c) Adxudicatario: Heima Tours Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 120.000 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2015

P.A. (Artigo 19.6, Decreto 196/2012)
Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia