Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6557

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 28 de xaneiro de 2015 pola que se nomean dous novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución de dous dos seus membros titulares, da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Ignacio Rodríguez Sáez e a Javier Touza Touza en substitución de Javier García Ruiz e Luis Novoa Díaz, respectivamente.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar