Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2014/98-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204 36207 Vigo.

Denominación: LMT e CT Os Casás-Goimil.

Situación: Barro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 55 metros de lonxitude, con orixe no apoio C-3000/14, nº 62-10 da TIB 810 da derivación ao CT Revolta e final no apoio proxectado CH-630-13, no cal se realiza un paso aereosubterráneo (PAS). LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 868 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado CH-630-13 (PAS) e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado nos Casás, Barro.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 9 de xullo de 2014, no BOP do 15 de xullo de 2014, no xornal Faro de Vigo do 23 de xuño de 2014 e no taboleiro de anuncios do Concello de Barro. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibíronse as seguintes alegacións:

Con data do 18 de xullo de 2014, Celso Fernández Vázquez e con data do 16 de xullo de 2014, María Eva Gontad Villaverde presentan, en relación co expediente IN407A 2014/98-4, escritos de alegacións nesta xefatura territorial, que son remitidas á empresa peticionaria para que, pola súa vez, realice as alegacións que considere oportunas.

Unha vez examinadas as alegacións formuladas por ambas as partes conclúese o seguinte:

Desestímase a petición de cambio de situación das instalacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 del Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra