Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2015/20-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LAT 66 kV Ponte Sampaio-Celulosas. Soterramento na subestación Ponte Sampaio.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: substitución do apoio nº 1 da liña de alta tensión a 66 kV Ponte Sampaio-Celulosas por un novo apoio paso aereosubterráneo (nº 1 PAS). Tendido de 70,45 metros de condutor LA-110, entre o apoio nº 2 e o apoio proxectado nº 1 PAS. Desde este último a liña vai subterránea, 87 metros con condutor RHZ1, ata a cela correspondente na subestación de Ponte Sampaio. A instalación está situada en Ponte Sampaio, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra