Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2015/18-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15171 A Coruña.

Denominación: modificado LAT subterránea 66 kV DC Barro-Tibo/Mourente.

Situación: Barro.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea a 66 kV, dobre circuíto, de 3.595 metros de lonxitude, con orixe no novo apoio 268 proxectado (paso aéreo subterráneo) na LAT DC Tibo/Mourente e final na futura subestación de Barro. Retensado do van aéreo anterior e posterior ao novo apoio 268. A instalación esta situada no termo municipal de Barro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra