Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Mármoles y Granitos del Este, S.L. a resolución de caducidade do permiso de investigación Campo 1ª fracción, número PO/C/02959.1, situado nos termos municipais de Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Mármoles y Granitos del Este, S.L., con CIF B-83207605, a resolución de caducidade do permiso de investigación Campo 1ª fracción, número PO/C/02959.1, situado nos termos municipais de Covelo e Fornelos de Montes na provincia de Pontevedra, como titular del, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra