Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia en diversos expedientes tramitados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo; rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Lugo, 2 de febreiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. de expediente

Acto que se notifica

Concello

Gestión Integral del Gas, S.L.

IN635C 2014/16-2

Proposta de resolución

Mérida

Copas Plus, S.L.

IN635A 2014/174-2

Resolución

Lugo

Mageloro, S.L.

IN635A 2014/260-2

Resolución

Ferrol

Parrillada O Ventorro, C.B.

IN635A 2014/526-2

Trámite de audiencia

Lugo