Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de próteses de cadeira e de xeonllo para os hospitais dependentes desta xestión integrada (expediente MS-EIP1-13-020).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIP1-13-020.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: subministración sucesiva de prótese de cadeira e de xeonllo para os hospitais dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lote: sete.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33141750-2 e 33184100-4.

e) Medio de publicación do anuncio da licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data da publicación do anuncio de licitación: 25.10.2013, 9.11.2013 e 6.11.2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.627.632,24 euros.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 1.194.378,43 euros.

b) Importe total: 1.313.816,28 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: lotes 1, 2, 3, 4 e 7, o 30 de xuño de 2014; o lote 5, o 10 de xullo de 2014, e o lote 6, o 17 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: lote 1, o 19 de agosto de 2014; lotes 2, 3, 4 e 7, o 14 de agosto de 2014; lote 5, o 25 de agosto de 2014, e o lote 6, o 24 de novembro de 2014.

c) Contratista:

• B. Braun Surgical, S.A. (NIF: A61123782): lote 1.

• Gallega de Suministros, S.A. (NIF: A36743912): lotes 2, 3 e 5.

• Johnson & Johnson, S.A. (NIF: A28218675): lote 6.

• Zimmer, S.A. (NIF: A29060381): lotes 4 e 7.

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: lote 1 (7.800 €); lote 2 (47.200 €); lote 3 (237.613,32 €); lote 4 (243.753,30 €); lote 5 (179.628,85 €); lote 6 (180.198 €) e lote 7 (173.099,50 €).

• Importe total: lote 1 (8.580 €); lote 2 (51.920 €); lote 3 (261.374,65 €); lote 4 (268.128,62 €); lote 5 (197.591,74 €); lote 6 (198.217,80 €) e lote 7 (190.409,45 €).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 17 de decembro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés