Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores LU-5/2014 e LU-32/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 23 de xaneiro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: E.S..LU-5/2014.

Interesada: Isabel Fernández Suárez.

Último domicilio coñecido: río Lea, 8-1º, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: E.S..LU-32/2014.

Interesada: Belén Gato Gómez.

Último domicilio coñecido: estrada da Granxa,122, baixo C, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.