1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: Var-8/2014.
2. Obxecto do contrato: arrendamento dunha nave industrial ou local que albergue o arquivo municipal de transferencias. Duración: cinco anos prorrogables por cinco máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 48.474,74 € anuais (incluídos todos os impostos, recargas e gravames).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil de contratante.
10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 6 de febreiro de 2015
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública