A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 9 de decembro de 2014, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/55-0 a Juan Carlos Núñez Ginzo, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 9.6.2008, 10.11.2008, 29.5.2012, 8.1.2013 e 20.6.2013, nas que se lle ordena a demolición dunha vivenda unifamiliar na paraxe de Folgueiras, Rubiás, no termo municipal de Lugo, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no
artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística