Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha cuarta multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU3/94/2012-D1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de novembro de 2014, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/106-0 a José Luis García Alvaredo e Ana Darriba Copa, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 12.8.2008, 30.10.2008, 27.6.2012, 25.1.2013 e 21.10.2013, nas cales se lles ordena a demolición dunha vivenda unifamiliar no lugar de Callás, no termo municipal de Sarria, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística