A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 17 de decembro de 2014, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/105/2012 a Elvira Piño Núñez e Serena Álvarez Piño, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 2 de maio de 2013 e 15 de maio de 2014, nas cales se lles ordena a demolición dunha segunda planta e cuberta nunha edificación destinada a vivenda unifamiliar no lugar de Casaldálvaro-Valongo, no termo municipal de Cortegada, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, as interesadas poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística