Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6078

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de xaneiro de 2015 pola que se modifica a autorización do centro privado Aloya, do concello de Vigo.

A representante da titularidade do centro privado (CPR) Aloya, do concello de Vigo, solicita a supresión de forma progresiva da educación secundaria obrigatoria e a autorización dun novo ciclo formativo de grao superior (CS) de Educación Infantil.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir de forma progresiva a educación secundaria obrigatoria e autorizar un novo CS de Educación Infantil, no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Aloya.

Código: 36011622.

Domicilio: rúa do Couto, nº 2.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación Fonteboa.

2. A supresión das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria (ESO) realizaranse conforme o seguinte calendario:

• 1º e 2º da ESO, o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

• 3º da ESO, o 31 de agosto de 2015.

• 4º da ESO, o 31 de agosto de 2016.

3. Composición resultante:

1 CS Administración e Finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Anatomía Patolóxica e Citoloxía (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

2 CS Educación Infantil (4 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Integración Social (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 CS Laboratorio de Diagnóstico Clínico (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Secretariado (1 unidade para 30 alumnos/as).

Segundo. Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a
presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria