Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5990

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO relativo á execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 407/2014 no proceso selectivo convocado para a provisión, mediante oposición libre, de tres prazas de Policía local da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, integradas no grupo C1, incluídas na oferta de emprego público de 2010.

O concelleiro de Goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante resolucións do 25 de xaneiro de 2012 e do 15 de outubro de 2012, nomeou funcionarios de carreira deste concello a Juan José Abilleira Argibay, con DNI 44086999-R, e Jorge Antonio Álvarez Santiago, con DNI 77417059-W, así como a Luis Miguel García Lareu, con DNI 77404832-B, para ocupar tres prazas de Policía local incluídas na OEP do Concello de Pontevedra de 2010.

Así mesmo, o 15 de xaneiro de 2015 ditou resolución en cuxa parte dispositiva resolveu o seguinte:

«(...)

RESOLVE:

1º. Mostrar a súa conformidade co acordado polo tribunal cualificador do proceso selectivo, segundo consta no anuncio do 29.12.2014, publicado no taboleiro de anuncios deste concello, na páxina web, e reproducido nesta resolución, no cal o tribunal declara válidos, con base no principio de conservación de actos, e de conformidade co texto da sentenza obxecto de execución, todos os trámites realizados por el, subseguintes do proceso selectivo para a provisión de tres prazas da categoría de policía, da escala básica de administración especial, grupo C, subgrupo C1, da oferta de emprego público de 2010, polo sistema de oposición libre, xa realizados no momento inicial de execución do proceso.

2º. En consecuencia co anterior, e de acordo co establecido no mesmo texto da sentenza obxecto de execución, conservar e declarar válidos todos os actos e trámites administrativos realizados por esta concellería de Goberno subseguintes do procedemento para a provisión de tres prazas da categoría de policía, da escala básica de administración especial, da oferta de emprego público de 2010, con especial mención aos nomeamentos dos funcionarios de carreira realizados e publicados no Diario Oficial de Galicia segundo a proposta do tribunal cualificador.

3º. Ordenar a notificación desta resolución, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, da mesma maneira que se lles dá publicidade aos nomeamentos realizados, de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, Regulamento de selección de persoal, para o seu xeral coñecemento.

4º. Sinalar que a desconformidade co contido desta resolución que se dita en execución da resolución da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 407/2014, do 18 de xuño, debe encamiñarse de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, nos seus artigos 103 e seguintes ante o xulgado que coñeceu o asunto en primeira instancia (Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra).

(...)»

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2015

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde