Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das pólizas de seguros de vehículos de motor deste concello.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato privado:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2282.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: pólizas de seguros de vehículos de motor do Concello de Ourense.

c) CPV: 66514110-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia y perfil do contratante.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 18 de febreiro de 2014; 14 de febreiro de 2014 e 13 de febreiro de 2014.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total por dous anos 150.000,00 euros (75.000,00 euros/ano).

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación : 27 de novembro de 2014.

b) Data de formalización: 23 de decembro de 2014.

c) Contratista: Zurich Insurance PLC, sucursal en España.

d) Importe de adxudicación: 68.520,00 euros (34.260,00 euros/ano).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: nos puntos obtidos coa proposición económica e cos puntos obtidos nas características técnicas da póliza, segundo informe da técnica de Administración xeral de servizos xerais. Todo isto serve como motivación.

Ourense, 14 de xaneiro de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde