Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5992

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Urbanística de Ourense, S.A.

ANUNCIO de licitación, con procedemento aberto, para o contrato privado, cun único criterio de adxudicación, para o alleamento, mediante compravenda, da parcela K sita na confluencia entre a rúa Faustino Míguez e a rúa do Ensino-Barrio do Couto, clasificada urbanisticamente como solo urbano con destino a uso residencial e comercial.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para o contrato privado, mediante procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación, para o alleamento, mediante compravenda, da parcela K, sita na confluencia entre a rúa Faustino Míguez e a rúa do Ensino-Barrio do Couto, clasificada urbanisticamente como solo urbano con destino a uso residencial e comercial. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do trixésimo día (30º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso núm. 32, ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 26 de xaneiro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Comisión Liquidadora de Urbaourense