Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/59-2, 8195 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Inversiones Abuín 2, S.L.

Domicilio social: avenida Meridiana, 350, 4-B, 08027 Barcelona.

Denominación: segunda modificación distribución eléctrica interior na urbanización Sector Norte H (polígono 1).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha liña procedente da subestación de Lamas de Prado no límite interior da urbanización, entra e sae no CT 1, entra e sae no CT 2, entra e sae no CT Casás, entra e sae no CT 4 e remata noutra liña procedente da subestación de Lamas de Prado no límite da urbanización, cunha lonxitude de 950 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

2. Liña de media tensión subterránea a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha cela de interruptor automático do CT 1 e final nunha cela do CT MALL, cunha lonxitude de 15 metros en condutor RHZ-240.

3. Centro de transformación 1 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, dúas celas de protección de trafo, dúas celas de interruptor automático e tres celas con fusibles, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

4. Centro de transformación 2 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas celas de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

5. Centro de transformación 4 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

6. Centro de transformación MALL en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha cela de medida e unha cela de interruptor automático, cunha potencia proxectada de 1.600 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

7. Rede de baixa tensión con orixe nas bornas do CT 1 e final no cadro de BT formado por tres condutores por fase e tres condutores para o neutro, en condutor tipo RV-240.

8. Rede de baixa tensión con orixe nas bornas do CT 2 e final no cadro de BT formado por tres condutores por fase e tres condutores para o neutro, en condutor tipo RV-240.

9. Rede de baixa tensión subterránea do CT Casás formado por 2 circuítos en condutor tipo RV-240+150 de 68 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-6, 2 circuítos en condutor tipo RV-240+150 de 198 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-7 e conexión coa RBT existente, 1 circuíto en condutor tipo RV-240+150 de 231 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-4, 1 circuíto en condutor tipo RV-95+50 de 27 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-5, e 2 circuítos en condutor RV-240+150 de 244 metros para alimentar a parcela P1-3, portal 2.

10. Rede de baixa tensión subterránea con orixe nas bornas do CT 4 e final no cadro de BT formado por tres condutores por fase e tres condutores para o neutro, en condutor tipo RV-240, 2 circuítos en condutor tipo RV-240+150 de 450 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-3, portal 1, 1 circuíto en condutor tipo RV-150+95 de 263 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-1 e P1-2, dotacionais e unha liña de 1 circuíto en condutor tipo RV-150+95 de 267 metros de lonxitude para alimentar ás parcelas P1-9 e P1-10 dotacionais.

11. Rede de baixa tensión con orixe nos pontes do CT MALL e final no cadro de BT formado por seis condutores por fase e seis condutores para o neutro, en condutor tipo RV-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo