Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/58-2, 8194 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Inversiones Abuín 2, S.L.

Domicilio social: avenida Meridiana, 350, 4-B, 08027 Barcelona.

Denominación: modificación conexión eléctrica exterior da urbanización Sector Norte H (polígono 1).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada a 20 kV formada por dous circuítos con orixe no linde exterior da subestación de Lamas de Prado e final na entrada urbanización Sector Norte H (polígono 1) cunha lonxitude de canalización proxectada de 420 metros e 852 metros de condutor RHZ1-240 mm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo