Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2015/2-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT ao centro de seccionamento depuradora de Reza.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

– LMT subterránea en canalización existente a 20 kV de 2.085 m con condutor RHZ1 e con orixe na LMT VLL812, LMT ao CT Pino (32CB18) e remate na LMT ao CS proxectado.

– LMT subterránea en canalización existente a 20 kV de 1.675 m con condutor RHZ1 e con orixe na LMT VLL812 ao CS proxectado e remate no CT Reza-2 (32CS83).

– LMT subterránea en canalización existente a 20 kV de 260 m con condutor RHZ1 e con orixe na LMT VLL812 LMT ao CT urb. Pino (32CS82) e remate na LMT ao CT Reza-2 (32CS83).

– Centro de seccionamento nova depuradora de Reza.

Orzamento: 177.005,72 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de xaneiro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense