Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2015 pola que se notifica resolución de recurso de reposición previo ao económico-administrativo interposto por Santiago Otero Ferro contra a liquidación de tarifa portuaria X-4 no porto da Illa de Arousa.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello da Illa de Arousa a Santiago Otero Ferro que o 19 de xaneiro de 2015 a Dirección de Portos de Galicia emitiu resolución que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a liquidación número 304140368, resultante de facturar a tarifa X-4 –pesca fresca– polas descargas efectuadas polo buque Ave Sin Puerto Dos no porto da Illa de Arousa, no período devindicación correspondente ao mes de outubro de 2014.

De acordo cos termos da resolución, a liquidación axústase ao establecido nas regras terceira, quinta e oitava de aplicación a esta tarifa previstas na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpor reclamación económico-administrativa no prazo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia ou da exposición no taboleiro de edictos do Concello da Illa de Arousa. A reclamación presentarase ante esta entidade pública, quen a remitirá á Xunta Superior de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia