Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público 2014 para a praza de administrativo da Administración xeral (promoción interna).

Por Acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, do 30 de decembro de 2014, aprobouse a oferta de emprego público correspondente á praza que a continuación se especifica para o ano 2014, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Provincia: Ourense.

Municipio: O Pereiro de Aguiar.

Nº de código territorial: 32058.

Persoal funcionario de carreira. Administración xeral (promoción interna).

Grupo: C. Subgrupo: C1. Clasificación: escala de Administración xeral. Subescala: administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo de Administración xeral.

Sistema de selección: concurso-oposición.

O Pereiro de Aguiar, 30 de decembro de 2014

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde