Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5812

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de convocatoria do proceso extraordinario de funcionarización do persoal laboral fixo.

Nos boletíns oficiais da provincia de Pontevedra núm. 86 e núm. 245, do 7 de maio de 2014 e do 19 de decembro de 2014, respectivamente, publicáronse as bases xerais e específicas que rexerán o proceso extraordinario de funcionarización do persoal laboral fixo do Concello de Mos que se indican a seguir:

– Unha praza de traballadora social pertencente á escala de Administración especial; subescala técnica; grupo A; subgrupo A2.

– Unha praza de auxiliar administrativo pertencente á escala de Administración xeral; subescala auxiliar; grupo C; subgrupo C2.

– Unha praza de coordinador de actividades pertencente á escala de Administración especial; subescala técnica; grupo C; subgrupo C2.

– Dúas prazas de conserxe oficial de mantemento pertencente á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo AP.

– Unha praza de oficial de 1ª capataz pertencente á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo C; subgrupo C2.

– Cinco prazas de oficial de segunda pertencentes á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo AP.

– Tres prazas de operaria de limpeza pertencentes á escala de Administración especial; subescala servizos especiais; persoal de oficios; grupo AP.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello.

Mos, 7 de xaneiro de 2015

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa presidenta