Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5811

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2014.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Betanzos, en sesión realizada o día 18 de decembro de 2014, prestou aprobación á seguinte oferta de emprego público para o ano 2014.

Funcionarios de carreira.

– Grupo: C1.

Clasificación: escala de Administración especial. Subescala: servizos especiais. Categoría: oficial. Denominación: oficial da policía local.

Número de vacantes: 1.

Forma de provisión: promoción interna.

– Grupo: C1.

Clasificación: escala de Administración especial. Subescala: servizos especiais. Categoría: policía. Denominación: policía local.

Número de vacantes: 1 (ampliable a 2 a resultas da promoción interna que se realizará para a praza de oficial).

Forma de provisión: oposición libre.

Betanzos, 12 de xaneiro de 2015

José Ramón García Vázquez
Alcalde