Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2015 pola que se notifica a resolución sobre a solicitude de revisión de expediente y de resolución emitida no procedemento administrativo sancionador tramitado coa referencia Sanc 14-01-14-03.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a David Alonso-Mencía Álvarez con último domicilio coñecido en Ríos Rosas, km 30, 28003 Madrid, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que na resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 5 de decembro de 2014 o presidente de Portos de Galicia acordou inadmitir a trámite a pretensión de revisión do expediente tramitado coa referencia 14-01-14-03 e da resolución emitida nel, formulada ao abeiro dos artigos 62, 102, 105 e 108 da Lei 30/1992.

A citada resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o Xulgado do Contecioso-Administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Para os efectos de coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer nas dependencias de Portos de Galicia, situadas no Polígono das Fontiñas, praza de Europa, 5A, 6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia