Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle notifica ao interesado a resolución de baixa de oficio da clasificación turística e a cancelación da inscrición de establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución ditada pola directora da Axencia Turismo de Galicia no procedemento de baixa de oficio na clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2015

P.S. (Resolución 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Establecemento: Casa de Aldea Casa Amadora.

Titular: José Ramón Vizcaíno García.

NIF: 78787904R.

Dirección: lugar de Bragaña, s/n.

Concello: Toques.

Establecemento: Restaurante Amadora.

Titular: José Ramón Vizcaíno García.

NIF: 78787904R.

Dirección: lugar de Bragaña, s/n.

Concello: Toques.