Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5807

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2015 polo que se somete a información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-154, no seu treito situado entre o p.q. 1+440 ao 2+100.

Aprobada provisionalmente, mediante Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 15 de xaneiro de 2015, a delimitación da liña límite de edificación da estrada de titularidade autonómica OU-154, no seu treito situado entre os p.q. 1+440 ao 2+100, e de conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, sométese a antedita delimitación a información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que considere pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son o informe da Área de Planificación e Programación do 13 de xaneiro de 2015, a antedita Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 15 de xaneiro de 2015 e o plano en que se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-154, no seu treito situado entre os p.q. 1+440 ao 2+100.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais desta Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), na Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense (rúa Sáenz Díez, 1) e na casa do Concello de Piñor (Piñor, s/n).

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Héctor Presas Veiga
Xefe da Área de Planificación e Programación