Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2015 pola que se notifica trámite de audiencia en relación coa tramitación do expediente de responsabilidade patrimonial RP/14/00224.

As unidades dependentes da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan o expediente de reclamación en materia de responsabilidade patrimonial que se indica, polo que corresponde realizar o trámite procedemental de audiencia da persoa interesada que tamén se cita.

Intentada a notificación persoal deste trámite de audiencia, non se puido practicar, de maneira que, segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas do dito trámite. Poden examinar o expediente mediante comparecencia que deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de dez días para formular, se for o caso, alegacións, continuarase coa tramitación do procedemento como corresponda, ata se ditar a correspondente proposta de resolución.

Expediente: RP/14/00224. Persoa interesada: Radouane Mourjni.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas