Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5815

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no terceiro cuadrimestre de 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

Pablo Galego Feal
Director da Escola Galega de Administración Sanitaria

Anexo

Convenio

Importe económico

Data da sinatura

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, para o ano 2014 (asinado o 7 de xaneiro de 2014).

54.043,00 €

18.11.2014

Segunda addenda ao Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Almirall, S.A. para o desenvolvemento do proxecto de innovación formativa: Xestión do coñecemento Servizo Galego de Saúde-Fegas (asinado o 28 de xullo de 2011).

55.000,00 €

19.11.2014

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Sanifi-Aventis, S.A. para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

1.506,00 €

30.7.2014

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Fundación AstraZeneca para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

5.905,00 €

30.7.2014