Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida no expediente TR352A 2011/383-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego con data
do 3 de agosto de 2011.

Faise saber que a interesada disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación E-Integralia.

Enderezo: avenida Santiago, nº 21, oficina C, 32001 Ourense.

Nº de expediente: TR352A 2011/383-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 19 de decembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 8.4 da Orde do 30 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro);
artigo 33 da Lei 9/2007, artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 679,88 €.