Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo do inicio de reintegro das axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2010/416-1 e catro máis.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para faceren as alegacións e achegaren os documentos que xulguen máis convenientes aos seus intereses, nun prazo de quince (15) días hábiles que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2010/416-1.

Nome: Mosquera García, Esteban.

Último enderezo coñecido: rúa La Rosa, 32-3º B, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo do inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Expediente: TR341D 2010/722-1.

Nome: Pena López, Carlos.

Último enderezo coñecido: rúa Amparo López Jean, 5-1º esqda. Rutis, 15174 Culleredo, A Coruña.

Expediente: TR341D 2010/723-1.

Expediente: TR341D 2010/1380-1 .

Nome: Hernández Rebollo, Francisco Javier.

Último enderezo coñecido: rúa Paraguay, 1-3º esqda., 15140 Arteixo, A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo do inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Expediente: TR341D 2010/2281-1.

Nome: Ayude Pazos, Luis.

Último enderezo coñecido: rúa Agro do Medio, 20-2º A, 15895 Ames, A Coruña.