Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 3 de novembro de 2014, relativa ao proxecto do Parque Eólico Canedo, nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), promovido por Galfor Eólica, S.L.

Unha vez visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade, mediante esta resolución, á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 3 de novembro de 2014, relativa ao proxecto do Parque Eólico Canedo nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), promovido por Galfor Eólica, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas