Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2015/8-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: ret. LMTS LOZ 813B de derivación aos CC.TT. vivendas mariños e travesía Jaime Janer.

Situación: Marín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 72 metros de lonxitude, con orixe no tramo da LMT aérea existente de LAC-80, no apoio C-97, e final no tramo LOZ 813B da derivación aos CC.TT. Jaime Janer e vivendas mariños. A instalación está situada na zona da rúa Francisco Landín Pazos, Marín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra