Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2012/110-2, 8079 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social.

Domicilio social: rolda da Muralla, s/n, 27004 Lugo.

Denominación: CT de 630 kVA e liña de media tensión soterrada a 20 kV para centro de recría na granxa Gayoso-Castro.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS con orixe nun centro de seccionamento existente propiedade de Begasa e final no CT poxectado, cunha lonxitude de 340 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– CT prefabricado tipo PFU-4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 3 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo