Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2015 Páx. 5733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai público o cofinanciamento de varios contratos pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

O secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, acordou dar publicidade no Diario Oficial de Galicia (DOG) ao cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 51, dos seguintes contratos:

1. Obra de construción dun dispositivo de franqueo na presa de Cuba sobre o río Ouro (O Pazo), termo municipal de Alfoz (Lugo) (expediente 188/07), adxudicada pola Resolución do 28 de decembro de 2007.

2. Servizo para a realización do Plan de ordenación dos recursos piscícolas dos ríos da bacía do río Mero (A Coruña) (expediente 70/2008), adxudicada pola Resolución do 5 de decembro de 2008.

3. Obra do proxecto de rehabilitación do Centro Ictiolóxico de Ximonde, Couto de Ximonde (Vedra) e adecuación do contorno. Fase II (expediente 94/2008), adxudicada pola Resolución do 6 de febreiro de 2009.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas